Brincando_coa_luz_e_a_visin.png

Vexo, vexo... Uau! Abro os ollos e vexo un mundo de infinitas cores.

E se fecho os ollos? Onde vai a luz? Onde van as cores? Será que as cores seguen aí cando fecho os ollos? Mmmmm... déixame ver.

Se fecho os ollos parece de noite. Ufa! Se non chega a ser o Sol sería sempre de noite. Que escuro! Teño que inventar unha luz por se un día o Sol non sae.

Eu quería ver polas orellas. Así podería mirar de lado. E ollar por detrás non estaría nada mal... Non sei, penso que algo falta nas orellas para elas conseguiren ver... Como raio fan os ollos para ver?

A ciencia di que existen cores invisíbeis. De que cor son as cores invisíbeis?

Cores invisíbeis!!?! Eu se non o vexo non o creo!

ILUMINADO_Vicente Mohedano

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos