Explorando_a_liguaxe.png

A linguaxe! Usámola a diario tanto para organizarmos os nosos pensamentos como para os transmitir a outras mentes. É a capacidade máis exclusiva dos seres humanos: ningún outro ser vivo posúe linguaxe. É unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.

E a pesar de todo, a súa aparición no proceso evolutivo continúa a ser un dos maiores enigmas.

Non sabemos nin cando nin como se desenvolveu a linguaxe. Mais temos ideas. Muitas! Neste discurshow indagaremos nalgunhas delas. Ideas que indican que a linguaxe puido aparecer para pensar en cousas que non están diante dos ollos, para imaxinar cousas que non existen. E todo co obxectivo de deixarmos de ser comedores de medula ósea e podermos acceder a unha dieta en condicións.

Cargando galería...

Quen somos?

 

xurxo.png

Xurxo Mariño

Profesor da UDC, científico e apaixonado da comunicación da ciencia

culturacientifica.org/


 

vicente.png

Vicente Mohedano

Showman, director teatral e apaixonado en xeral

blogoteca.com/vicente


2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos